VMP. Categorización, intervención e denuncias

Código: 231081
Data de inscrición: 11/03/2023 - 17/03/2023
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 15/06/2023 - 15/06/2023
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 5
Horario: De 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas
Días: 15.06.2023 en horario de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas
Obxectivos:
Curso dirixido a policías, que pretende facilitar o recoñecemento das distintas categorías de vehículos de mobilidade persoal (VMP), requisitos e obrigacións de cada un deles. No curso, procederemos a:
Analizar a normativa creada ata o momento sobre VMP
Explicar os criterios que permiten clasificalas distintas categorías
Familiarizar aos asistentes coa actuación para levar a cabo segundo clasificación do VMP, desde
denuncia administrativa ata imputación penal
Decisión sobre medidas provisionais a tomar polos Axentes da Autoridade encargados da vixilancia do tráfico como consecuencia de presuntas infraccións ao disposto na Lei
Contido:
- VMP e o seu tratamento legal, categorización dos mesmos polas súas características técnicas.
- Denuncias aplicables aos VMP, inmobilización ou depósito segundo os casos.
- Inspección policial e elementos identificativos
- Manual de características
- Casos prácticos
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia