Manexo do inmobilizador electrónico

Código: 231070
Data de inscrición: 11/03/2023 - 17/03/2023
Número da edición: 1
Horas lectivas: 12
Prazas: 12
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 05/06/2023 - 06/06/2023
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 3
Horario: De 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas
Días: 05.06.2023 e 06.06.2023
Contido:
Parte teórica: (4 horas)
O inmobilizador electrónico e o protocolo sobre o uso da forza
· Principios básicos no uso da forza
· Os dereitos humanos e o uso da forza
· Evolución dos diferentes sistemas no uso da forza
· Criterios para a utilización de armas non letais
· Aspectos psico-fisiolóxicos. Características técnicas e funcionamento do inmobilizador electrónico
· Características técnicas
· Aspectos xurídico-legais
· Aspectos médico-legais
· Aplicación táctica do inmobilizador electrónico

Parte práctica: (4 horas)
· Distancia e métodos de entrevista
· Uso alternativo dos elementos de dotación
· Aplicación práctica do inmobilizador electrónico
· Distancias e ángulos de aplicación
· Aplicacións en binomios
· Aplicación do inmobilizador electrónico por contacto directo
· Protocolo de extracción de sondas

Escenarios: (4 horas)
· Escenarios activos con inmobilizador electrónico
· Simulacións e casos prácticos
· Avaliación por binomios de carácter práctico
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Requisitos:
As solicitudes para este curso, deberán ser formuladas polos concellos, e terán preferencia aqueles que acrediten a posesión do inmobilizador electrónico. Cada alumno/a estará dotado/a dun inmobilizador electrónico de adestramento para a realización de prácticas de manipulación, cambio de cargas e intervención policial, que deberán traer do seu concello