Vitimoloxía
Código:
231063
Data de inscrición:
11/03/2023 - 17/03/2023
Número da edición:
1
Horas lectivas:
20
Prazas:
35
Modalidade:
En liña
Data inicio - fin:
15/05/2023 - 09/06/2023
Obxectivos:
O obxectivo do curso é aproximar ao alumnado á realidade da vitimoloxía e á súa importancia na actualidade. Asemade tratarase de profundizar no contexto da vítima no proceso penal español e na evitación da vitimización secundaria no mesmo.
Contido:
1. Concepto e autonomía da disciplina. 2. Obxecto material. 3. Método. 4. Especies da vitimoloxía. 5.Futuro. 6. Fitos. 7. Tipoloxías vitimais: precursores. 8. Criterios de clasificación, perfiles vitimolóxicos e relevancia xurídico penal. 9. Modelos teóricos explicativos dos procesos de vitimización. 10. Prevención vitimal. 11. Vitimización secundaria no proceso penal: definición e marco normativo. 12. Fundamentos da vitimización secundaria. 13. Niveis de protección á vítima: básico, reforzado e hiperreforzado.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil - Corpo Nacional de Policía - Corpos de Policía Local - Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia