Reciclaxe de socorrismo en espazos acuáticos naturais

Código: 222137
Data de inscrición: 15/03/2022 - 03/04/2022
Número da edición: 3
Horas lectivas: 16
Prazas: 35
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 29/04/2022 - 01/05/2022
Lugar: Sanxenxo (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Edificio Usos Múltiples de Portonovo
Horario: 29 abril ( 16.00 a 20.00) 30 abril (10.00 a 14.00 - 15.00 a 19.00) 01 maio (10.00 a 14.00)
Días: 29, 30 de abril e 1 de maio de 2022
Obxectivos:
Actualizar a formación necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia creado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Contido:
• Módulo MF0269_2: Natación (4 horas)
• Módulo MF1082_2: Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais (4 horas)
• Módulo MF1083_2: Rescate de accidentados/as en espazos acuáticos naturais (4 horas)
•Módulo MF0272_2: Primeiros auxilios (4 horas)
Persoas destinatarias:
- Socorrista
Destinatarios específicos:
Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia que teñan que renovar a incrición.
Requisitos:
Quedan EXCLUIDAS desta convocatoria as persoas que obtiveron a inscrición de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia a través do establecido na disposición transitoria única do mencionado Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017 de 30 de marzo.
O alumnado admitido deberá traer: gorro e gafas de natación, bañador, chanclas e útiles persoáis de aseo
Inscrición:
Gratuita

DOG NÚM 50 - 14/03/2022
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.