Accidentes na estrada

Código: 222115
Data de inscrición: 12/03/2022 - 18/03/2022
Número da edición: 3
Horas lectivas: 34
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 21/05/2022 - 29/05/2022
Lugar: Pobra de Trives, A (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: San Roque, 4, 1º, 32789 A Pobra de Trives, Ourense
Horario: 21 maio (09.00 a 15.00 - 16.00 a 22.00), 22 maio (09.00 a 14.00 - 15.00 a 17.00), 28 maio ( 09.00 a 14.00 - 15.00 a 20.00), 29 maio ( 09.00 a 14.00)
Días: 21, 22, 28 e 29 de maio de 2022
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria na prevención e na intervención en accidentes de tráfico.
Contido:
Módulo 1: Introdución, conceptos xerais (7 horas)
Módulo 2: Primeiros auxilios (12 horas)
Módulo 3. Excarceración, mercadorías perigosas e accidentes con risco ambiental (15 horas)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita

DOG núm 49 - 11/03/2022
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.