Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Código: 222114
Data de inscrición: 12/03/2022 - 18/03/2022
Número da edición: 4
Horas lectivas: 40
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 29/04/2022 - 08/05/2022
Lugar: San Cristovo de Cea (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: Edificio Multiusos, 32130 Cea, Ourense
Horario: 29 abril (19.00 a 22.00), 30 abril (09.00 a 14.00 - 15.00 a 21.00), 01 maio (09.00 a 15.00 - 16.00 a 19.00), 06 maio (20.00 a 22.00). 07 maio (09.00 a 14.00 - 16.00 a 21.00), 08 maio 09.00 a 15.00)
Días: 29 e 30 de abril e 1, 6, 7 e 8 de maio de 2022
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria na prevención e loita contra os incendios nos ámbitos urbano e forestal.
Contido:
a) Introdución. Conceptos xerais
b) Incendios urbanos
c) Incendios forestais
d) Primeiros auxilios
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita

DOG núm 49 - 11/03/2022
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.