Colaboración do voluntariado de protección civil en dispositivos ante grandes concentracións humanas

Código: 222072
Data de inscrición: 16/02/2022 - 25/02/2022
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 11/05/2022 - 03/06/2022
Contido:
Módulo I: Dispositivos preventivos ante grandes concentracións humanas (10 horas)
Módulo II: Aspectos psicosociais ante grandes concentracións humanas (5 horas)
Módulo III: Fases da organización de dispositivos ante grandes concentracións humanas (5 horas)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
voluntarios de AVPC de Galicia
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
Inscrición:
gratuita

DOG NÚM.31 15/02/2022
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.