Accidentes na estrada

Código: 222061
Data de inscrición: 16/02/2022 - 25/02/2022
Número da edición: 2
Horas lectivas: 34
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 04/05/2022 - 10/06/2022
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria na prevención e na intervención en accidentes de tráfico.
Contido:
MÓDULO 1 - SINISTROS
Tema 1. Sinistros varios
Tema 2. Coordinación
Tema 3. Intervención segura
MÓDULO 2 - PRIMEIROS AUXILIOS
- SVB Adultos e pediátrico
- Traumatismos
- Catástrofes
MÓDULO 3 - ACCIDENTES DE TRÁFICO
- Introdución
- Estrutura e compoñentes dos vehículos
- Ferramentas
- Coordinación de accidentes
- Protocolos de intervención
- Mercadorías perigosas
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning
Inscrición:
gratuita

DOG NÚM.31 15/02/2022
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.