Reciclaxe de socorrismo en instalacións acuáticas

Código: 222023
Data de inscrición: 08/02/2022 - 17/02/2022
Número da edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas: 35
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/03/2022 - 13/03/2022
Lugar: Coruña, A (Coruña, A)
Localización: AGASP
Horario: Venres de 16:00 a 20:00 / Sábado de 10.00 a 14.00 e de 16:00 a 20:00 / Domingo de 10.00 a 14.00
Días: 11, 12 e 13 de marzo de 2022
Obxectivos:
O Decreto 152/2021, do 21 de outubro, (DOGA núm. 216 de 10/11/2021) polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia) establece os requisitos que deben reunir o persoal socorrista para exercer a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, sendo requisito indispensable a inscrición no rexistro.
O artigo 18 do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, dispón que as persoas que acaden a inscrición nas seccións de instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais no Rexistro Profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia deben renovala cada catro anos actualizando a formación adquirida, mediante a acreditación da realización de cursos de formación continua dunha duración mínima de catro horas sobre cada un dos módulos teórico-prácticos asociados ás unidades de competencia da cualificación profesional correspondente.
Contido:
• Módulo MF0269_2: Natación (4 horas)
• Módulo MF0270_2: Prevención de accidentes en instalacións acuáticas (4 horas)
• Módulo MF0271_2: Rescate de accidentados/as no medio acuático (4 horas)
• Módulo MF0272_2: Primeiros auxilios (4 horas)
Persoas destinatarias:
- Socorrista
Destinatarios específicos:
Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia que teñan que renovar a incrición.
Requisitos:
Quedan EXCLUIDAS desta convocatoria as persoas que obtiveron a inscrición de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia a través do establecido na disposición transitoria única do mencionado Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017 de 30 de marzo.
O alumnado admitido deberá traer: gorro e gafas de natación, bañador, chanclas e útiles persoáis de aseo
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm. 25 07/02/2022
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.