2ª práctica Plan anual de adestramento regulamentario para a seguridade no manexo das armas
Código:
221269
Número da edición:
2
Horas lectivas:
1.5
Prazas:
0
Modalidade:
Presencial
Data inicio - fin:
03/10/2022 - 28/10/2022
Lugar:
Estrada, A (Pontevedra)
Localización:
AGASP
Obxectivos:
– Facilitar o cumprimento do disposto no artigo 11.4 da Lei 4/2007 de coordinación de policías locais.
– Dispor de persoal actualizado nas prácticas de armamento e tiro policial de defensa.
– Controlar a práctica anual e regulamentaria do cadro de persoal, mediante un control e unha cartilla de tiro individual.
– Establecer distintos niveis para categorías de tirador, segundo a seguridade e habilidade que demostren no manexo das armas.

Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Destinatarios específicos:
A actividade vai dirixida aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan interese en cumprir co disposto no artigo 11.4 da Lei 4/2007, relativo a garantir unha adecuada preparación no uso da arma regulamentaria para o persoal dos corpos de policía local.
Para tal fin, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública establece un plan anual de adestramento, en que se inclúen dúas prácticas anuais para o persoal dos concellos interesados.

Inscrición:
Para inscribirse no plan anual de adestramento regulamentario para a seguridade no manexo das armas hai que remitir debidamente cumprimentado o formulario de inscrición que aparece no apartado de documentación
Solicitudes:
Os concellos interesados deberán remitir o formulario que se atopa na páxina web http://agasp.xunta.gal á Academia Galega de Seguridade Pública, avenida da Cultura, s/n, A Estrada (Pontevedra), antes do día 26 de setembro de 2022.
As solicitudes deberán presentarse a través do correo electrónico: formacion.agasp@xunta.gal, indicando no asunto: Plan de tiro 2022, ou ben a través do rexistro electrónico.
As solicitudes deberán estar autorizadas pola alcaldía, concellería ou xefe de persoal, segundo proceda.
Todos aqueles concellos que adquirisen recentemente armas regulamentarias para a policía local terán preferencia para efectuar as prácticas regulamentarias, indispensables para un mellor coñecemento da nova arma e a adquisición da destreza suficiente para o seu manexo coa seguridade e habilidade necesarias.

Documentación: