Instrutor de tiro e técnico de armamento

Código: 221050
Número da edición: 1
Horas lectivas: 78
Prazas: 10
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 03/03/2022 - 28/10/2022
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Días: Curso on line: do 9 de marzo ao 9 de abril. Sesións de telepresenza: 14, 17, 26 e 29 de marzo en horario de 17.00 a 18.30 horas Parte presencial: 15, 21 e 28 de marzo e 4 e 12 de abril en horario de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas
Obxectivos:
Controlar adecuadamente o estado, o uso e o mantemento das armas de dotación de cada cadro de persoal.
Establecer e desenvolver os programas de tiro de cada concello, segundo as necesidades do seu persoal.
Intervir na adquisición da munición para a realización das prácticas de tiro de cada concello.
Adquirir coñecementos sobre o manexo e funcionamento das armas orientados á instrución dos demais policías.
Contido:
a) En liña:
1. Normativa sobre armas. Regulamento de armas, concretamente armas prohibidas,
clases de armas, licenzas e infraccións. Código penal, armas ilegais, principio de lexítima defensa. Lei de seguridade cidadá infraccións con armas de fogo.
2. Usos da arma de fogo, balística interna e externa. Diferentes calibres e balas, puntas de alta deformación semiblindadas e blindadas. Características.
3. Teoría das armas, semiautomáticas, de repetición e manuais, armas de avancarga e retrocarga. Especial referencia ás armas de caza.
4. Documentación e procedementos para a compra de armas e municións polos concellos.
5. Caixas de seguridade e medidas de seguridade mecánicas para armas.
6. Técnicas de comunicación non verbal e importancia da linguaxe xestual.
b) Parte presencial:
Prácticas reais nos plans de adestramento con arma regulamentaria
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Destinatarios específicos:
Persoal dos corpos da policía local de Galicia.
Solicitudes:
Os concellos interesados en que os/as seus funcionarios/as obteñan esta habilitación, deben solicitalo ao Servizo de formación en Seguridade Pública a través do correo electrónico:
formacion.agasp@xunta.gal, expoñendo as súas necesidades formativas nesta materia xunto co persoal que designan para a realización do curso.
Con carácter previo ao inicio deste curso, realizarase unha proba de nivel, e a Agasp fará a selección definitiva do alumnado.