Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Código: 212066
Data de inscrición: 24/08/2021 - 06/09/2021
Número da edición: 2
Horas lectivas: 40
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 03/11/2021 - 16/12/2021
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria na prevención e loita contra os incendios nos ámbitos urbano e forestal.
Contido:
Módulo 1: Primeiros auxilios
1. Axentes externos
2. Intoxicacións
3. Queimaduras
4. SVB adultos e pediátrico

Módulo 2: Incendios forestais
1. PLADIGA
2. Conceptos básicos
3. Método Campbell
4. Ferramentas manuais
5. Autobombas
6. Medios aéreos
7. Tácticas
8. Comunicacións ( rede TETRA)
9. Seguridade en incendios

Módulo 3: Incendios urbanos
1. O lume
2. Equipo de Protección Individual (E.P.I).
3. Medios e materiais de extinción
4. Incendios de interior
5. Prevención no fogar
6. Mercadorías perigosas
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
Inscrición:
gratuita

DOG núm 161 - 23/08/2021
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.