Adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA)

Código: 212037
Número da edición: 2
Horas lectivas: 265
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/05/2021 - 30/06/2021
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: sala de conferencia e piscina Agasp
Horario: Luns 3 de maio: 13.00 (Proba natación) / HORARIO CURSO: Venres: 15 a 19:30 / Sábados: 09:30 a 13 e 14 a 18 / Domingo 06/06/21: 09:30 a 14 e 15 a 20
Días: 03/05/2021 ao 30/06/2021
Contido:
1. Proba especifica de natación (120 h)
2. Prevención de situacións de risco e vixilancia instalacións acuáticas (15 h)
3. Intervención e rescate en instalacións acuáticas (25 h)
4. Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en instalacións acuáticas (25 h)
5. Prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas (80 h)
Persoas destinatarias:
- Socorrista
Destinatarios específicos:
a) Licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
b) Técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
c) Técnico Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva
Requisitos:
a) Estar en posesión do título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e non atoparse inscrito de forma definitiva no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Estar en posesión do título de técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e non atoparse inscrito de forma definitiva no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) O alumnado admitido deberá traer: gorro e gafas de natación, bañador, chanclas, útiles persoáis de aseo
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG 25 - 08/02/2021

2ª edición por Resolución director
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
Durante este prazo de solicitudes achegarán mediante correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal o título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.