Coordinación incendios forestais de situación 2

Código: 212016
Data de inscrición: 16/02/2021 - 25/02/2021
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 30
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 07/06/2021 - 30/06/2021
Contido:
MÓDULO I: PROTECCION CIVIL (5 horas)
A. A Protección Civil
B. Coordinación en incendios forestais
C. Planificación: Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais (PEIFOGA) e Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA)
D. Competencias
E. Centro de coordinación operativa (CECOP) e posto de mando avanzado (PMA)
F. Situacións 2: exemplos prácticos
G. Simultaneidade de situacións 2: vaga de lumes

MÓDULO II: SANITARIO (5 horas)
A. Estrutura da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061
B. Competencias da fundación 061
C, Formación do PMA
D. Funcións principais en incendios forestais de situación 2

MÓDULO III: Medio Rural (5 horas)
A. Organización territorial de Medio Rural e organización do persoal
B. PLADIGA: Definición, obxectivos, medios e recursos para a campaña de incendios
C. Situacións de emerxencia: tipos, características e exemplos
D. Competencias: extinción de incendios.
E. Formación do PMA
F. Funcións principais en incendios forestais de situación 2
G. Novas tecnoloxías orientadas á extinción.

MÓDULO IV: SEGURIDADE (5 horas)
A. Estrutura territorial da Garda Civil.
B. Competencias: tráfico e seguridade cidadá
C, Formación do PMA: mobilización dos medios, elección de mando
D. Funcións principais en incendios forestais de situación 2
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Haber superado os cursos:
- Básico de protección civil
- Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning)
Inscrición:
Gratuita

DOG núm 30 - 15/02/2021
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.