Reciclaxe de socorrismo en instalacións acuáticas

Código: 212004
Data de inscrición: 06/02/2021 - 15/02/2021
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 35
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 28/02/2021 - 07/03/2021
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Salon de actos / Piscina (Agasp)
Horario: 10:00 horas a 14:00 / 15:30 a 19:30 horas
Días: 28 febreiro e 7 de marzo de 2021
Obxectivos:
Actualizar a formación necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia creado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Contido:
• Módulo MF0269_2: Natación (4 horas)
• Módulo MF0270_2: Prevención de accidentes en instalacións acuáticas (4 horas)
• Módulo MF0271_2: Rescate de accidentados/as no medio acuático (4 horas)
• Módulo MF0272_2: Primeiros auxilios (4 horas)
Persoas destinatarias:
- Socorrista
- Outros Destinatarios - Outros
Destinatarios específicos:
Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia creado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Requisitos:
Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que obtiveron a inscrición de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia a través do establecido na disposición transitoria única do mencionado Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017 de 30 de marzo.
O alumnado admitido deberá traer: gorro e gafas de natación, bañador, chanclas, útiles persoáis de aseo e máscara
Inscrición:
Gratuita

DOG Núm. 24 - 05/02/2021
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.