Hidráulica aplicada aos servizos de emerxencias

Código: 202096
Data de inscrición: 22/02/2020 - 02/03/2020
Número da edición: 1
Horas lectivas: 21
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 25/05/2020 - 27/05/2020
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Dia 25 na Agasp (A Estrada) / Dias 26 e 27: Seganosa
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30 / derradeiro día: 9.00-14.00
Días: 25, 26 e 27 de maio de 2020
Obxectivos:
- Aprender o funcionamento e as aplicacións de cada un dos compoñentes dun sistema hidráulico.
- Coñecer a mecánica de fluídos hidráulicos
Contido:
1. Introdución. Conceptos xerais
2. Hidráulica básica para servizos de Protección civil
3. Principio de Arquímedes, fórmulas, vasos comunicantes, redución
4. Presión barométrica e manométrica. Presión estática e dinámica
a. Concepto de fluído
b. Densidade
c. Caudal
d. Presión
e. Presión estática e presión dinámica
5. Ecuación de continuidade, ecuación de Bernoulli, ecuación de descarga
6. Maquinas hidráulicas; bombas de vehículos, motobombas, etc
7. Características das bombas centrifugas
a. Curva característica dunha bomba
b. Punto de funcionamento dunha instalación
c. Axuste de bombas
d. Instalacións e as súas características
8. Instalacións con mangueiras. Principios de funcionamento dunha lanza
9. Elementos e principio de funcionamento dunha bomba centrífuga
10. Curvas características dunha bomba. Perdidas de carga. Cavitación
11. Prácticas cos vehículos de bombeiros. Localización, capacidades, etc
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

DOG núm. 36 - 21/02/2020
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.