Busca e salvamento en zonas illadas costa

Código: 202079
Data de inscrición: 22/02/2020 - 02/03/2020
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 23/05/2020 - 24/05/2020
Lugar: Ares (Coruña, A)
Localización: AGASP
Días: 23 e 24 de maio de 2020
Contido:
Módulo 1: Nocións básicas de cartografía, interpretación de planos, orientación e posicionamento no medio costeiro
Módulo 2: Coordinación de operativos de busca en zonas costeiras. Medios intervenientes. Función das AVPC na busca e no apoio ás operacións
Módulo 3: Traballo de campo de busca en zonas costeiras: movemento e busca en zonas de costa e difícil acceso. Seguridade nos operativos
Módulo 4: Nocións básicas de montaxe de instalacións de rescate, apoio e colaboración cos servizos profesionais
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

DOG núm. 36 - 21/02/2020
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.