Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Código: 202067
Data de inscrición: 22/02/2020 - 02/03/2020
Número da edición: 3
Horas lectivas: 40
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 14/05/2020 - 24/05/2020
Lugar: Chantada (Lugo)
Localización: AGASP
Horario: 14 e 15 (NOITE); 16, 23 e 24 (MAÑÁ E TARDE)
Días: 14, 15, 16, 23 e 24 de maio de 2020
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria na prevención e loita contra os incendios nos ámbitos urbano e forestal.
Contido:
a) Introdución. Conceptos xerais
b) Incendios urbanos
c) Incendios forestais
d) Primeiros auxilios
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

DOG núm. 36 - 21/02/2020
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.