Uso de escadas manuais

Código: 202044
Data de inscrición: 22/02/2020 - 02/03/2020
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 24/03/2020 - 24/03/2020
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 10
Horario: 9.30-14.00 e 15.30-19.00
Días: 24 de marzo de 2020
Contido:
Módulo teórico (3 horas):
• Características dos traballos en altura e normas de seguridade.
• Lexislación sobre prevención de riscos laborais.
• Física aplicada á caída.
• Equipos de protección individual ( EPI´ S): normativa, tipoloxía, características, mantemento e verificación.
• Descrición de sistemas anticaídas permanentes e temporais.
• Traballo en escaleiras de man: sistemas de progresión e posicionamento

Módulo práctico (5 horas):
• Montaxe de instalacións de seguridade temporais.
• Utilización práctica de sistemas de seguridade (liñas de vida e puntos de ancoraxe).
• Utilización de sistemas restritivos.
• Técnicas de manexo e manipulación de cargas en altura.
• Introdución á evacuación urxente e rescate de persoas accidentadas en altura
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Equipamento: luvas, casco, calzado de seguridade e funda de traballo
Inscrición:
gratuita

DOG núm. 36 - 21/02/2020
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.