Condución segura

Código: 202014
Data de inscrición: 22/02/2020 - 02/03/2020
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/04/2020 - 08/04/2020
Lugar: Curtis (Coruña, A)
Localización: AGASP
Clase ou local: Escuela de Conducción e Transporte GALICIA (Teixeiro - Curtis)
Horario: 9.00-14.00 e 15.00-18.00 / derradeiro día: 10.00-14.00
Días: 6, 7 e 8 de abril de 2020
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos centrados nas manobras especiais para conducir un vehículo de emerxencias.
Contido:
Módulo 1. Técnicas de condución (2 horas teoría + 4 horas práctica)
Módulo 2. Condución todoterreo: conceptos básicos (2 horas teoría)
Módulo 3. Condución dinámica e eficiente (1 horas teoría + 11 horas práctica)
Módulo 1: Condución eficiente
Módulo 2: Outros combustibles
Módulo 3: Condución autónoma
Módulo 4: Técnicas de condución
Módulo 5: Prácticas
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
c) Os/as solicitantes deberán ter o permiso de conducir B
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

DOG NÚM. 36 - 21/02/2020
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.número 886 206 123.