Controis de alcoholemia. Criterios xudiciais penais e administrativos

Código: 201121
Data de inscrición: 01/05/2020 - 14/05/2020
Número da edición: 1
Horas lectivas: 12
Prazas: 35
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 25/05/2020 - 31/07/2020
Obxectivos:



No presente curso preténdese facilitar, a quen o realice, un compendio do conxunto de normas aplicables en materia de controis de alcoholemia, con independencia da forma en que leven a cabo, é dicir, trátese de controis masivos programados e, por tanto, cunha localización concreta e fixa, ou daqueles que han de ser realizados con ocasión dun accidente ou dunha infracción de tráfico.
Séguese unha metodoloxía, na que sendo o fundamento normativo inicial estritamente administrativo (norma extra penal), cuestión distinta é o ámbito xurídico no que deban ser proxectadas as consecuencias ou resultados das medicións da taxa de alcol en aire expirado, procedendo a unha análise de ambos os planos.
Téntase deixar o máis clara posible a tendencia jurisprudencial, falando de “tentar” porque non pode ignorarse que tal xurisprudencia non reúne, na actualidade, a uniformidade desexada dados os sucesivos cambios na lexislación procesual e a non xeneralización da dobre instancia en todos os procesos.

Contido:
1. Introdución, aspectos xerais e metodoloxía.
2. Persoas obrigadas.
3. Obrigacións dos axentes da autoridade.
4. A negativa para someterse ás probas.
5. A controvertida cuestión do traslado ás dependencias policiais para a práctica das probas para a determinación de alcol en aire expirado.
6. Etilómetros a utilizar nas probas. Número e práctica destas.
7. Número de probas e a súa práctica.
8. Dereitos do interesado e dilixencias a practicar.
9. Práctica avaliación alumno.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia