Delitos contra o patrimonio e a orde socioeconomica

Código: 201053
Data de inscrición: 20/02/2020 - 16/03/2020
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/04/2020 - 16/04/2020
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h
Días: 16 de abril de 2020
Obxectivos:
- Coñecer os principais tipos delictivos contra o patrimonio e a orde socioeconómica e comprender os seus elementos esenciais, diferenciando as figuras delictivas próximas.
- Identificar, en base a supostos de feitos concretos, o tipo delictivo aplicable e as diferentes consecuencias xurídico-procesuais.
Contido:
Módulo I
- Furto: delito e falta. O furto cualificado. O furto de posesión.
- Roubo: Os conceptos de forza nas cousas e violencia ou intimidación nas persoas. Tipos cualificados.
- A extorsión
- Subtracción e utilización sen autorización de vehículos a motor e ciclomotores.
- Usurpacións.
- Defraudacións: estafas, apropiacións indebidas, utilización fraudulenta de enerxía eléctrica, auga, gas, etc.
- Roubo, extorsión, subtracción ou utilización indebida de vehículo a motor ou ciclomotor alleo. Usurpación. Defraudacións. Estafas. Apropiación indebida. Defraudacións do fluído eléctrico e análogas.
- Os danos: en especial, determinados danos cualificados.
- As escusas absolutorias nos delitos contra o patrimonio. A participación do extrano.
- As formas de resolución criminal meramente manifestada nos delitos contra o patrimonio.

Módulo II
- Delitos contra a propiedade intelectual
- Delitos contra a propiedade industrial
- Delito contra os consumidores: facturar cantidades superiores por produtos ou servizos cuxo custo ou prezo se mida por aparatos automáticos. Requisitos de perseguibilidade.
- Receptación e condutas afíns.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
- Outros Destinatarios - Outros