Desfibrilación semiautomática externa (DESA)

Código: 192221
Data de inscrición: 04/10/2019 - 15/10/2019
Número da edición: 17
Horas lectivas: 8
Prazas: 24
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 09/11/2019 - 09/11/2019
Lugar: Miño (Coruña, A)
Localización: AGASP
Clase ou local: Antigua Escola Unitaria de Perbes, San Xoan de Vilanova, 15608 Miño
Horario: 9:30 -13:30 e 15:30 – 19:30
Días: 9 de novembro de 2019
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir:
1.Aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas.
2.Acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.
Contido:
a) Teoría (2h)
– Cadea de supervivencia
– Parada cardiorrespiratoria
– Resucitación cardiopulmonar básica
– Desfibrilador externo automatizado

b) Práctica (6h)
– Resucitación cardiopulmonar básica
– Uso do desfibrilador externo
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia)
Requisitos:
1. Requisitos xerais para voluntarios:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso
Inscrición:
Gratuita

DOG núm 188 - 03/12/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.