Busca e salvamento de persoas desaparecidas

Código: 192210
Data de inscrición: 09/08/2019 - 16/09/2019
Número da edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas: 23
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/11/2019 - 17/11/2019
Lugar: Pereiro de Aguiar, O (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: Salón de actos. Edificio Centro de día O Gozos 32792 Pereiro de Aguiar (Ourense
Horario: sábado: 9.00-13.00 e 15.00-20.00 /domingo: 9.00-13.00 e 15.00-18.00
Días: 16 e 17 de novembro de 2019
Obxectivos:
Capacitar o alumno para participar con éxito en operativos de busca de persoas desaparecidas (organización, xestión, localización e evacuación) tanto no ámbito urbano coma no rural.
Contido:
- Conceptos e xeneralidades.
- Capacitación operativa.
- Alerta e activación de recursos.
- Particularidades da busca en zonas urbanas e en zonas rurais.
- Organización dunha busca simulada paso a paso: análise da información, valoración de recursos e actuación/distribución de tarefas.
- Técnicas de Busca (tipos I, II, III).
- Busca en situacións especiais: montaña, nocturna.
- Busca con cans: situación actual e competencias, como actuar ata a chegada dos equipos de rescate
- Sinais de petición de socorro.
- Protocolo de intervención na busca con aeronaves: sinais terra-aire e protocolos de seguridade durante o acceso ao helicóptero.
- Actuación en situacións de risco vital ata a chegada dos servizos.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

DOG núm 150 - 08/08/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.