Avaliación e prevención en extinción de edificacións con risco de colapso

Código: 192182
Data de inscrición: 09/07/2019 - 06/09/2019
Número da edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 04/11/2019 - 05/11/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 4
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 4 e 5 de novembro de 2019
Obxectivos:
Coñecer o funcionamento estático e dinámico das diferentes tipoloxías estruturais que se poden atopar na extinción de incendios con risco de colapso, principalmente naqueles que pola súa magnitude comprometen a estabilidade do propio edificio, así como a seguridade dos servizos de emerxencia intervenientes
Contido:
1 Análise funcional da edificación: sistema estrutural
2 Tipoloxía/morfoloxía da edificación
3 Código técnico da edificación. Documento básico de seguridade e protección fronte a incendios
4 Seguridade e protección contra incendios en cidades patrimonio e/ou centros históricos
5 Estruturas colapsadas
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios) 55%
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES) 30%
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias 15%
Requisitos:
Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 128 - 08/07/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.