Investigación sobre o uso ilegal do veleno

Código: 192148
Data de inscrición: 09/04/2019 - 16/04/2019
Número da edición: 2
Horas lectivas: 15
Prazas: 50
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 25/04/2019 - 26/04/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 3
Horario: 9:00-14:30 e 15:30-18:30, último día de 9.00-14:30
Días: 25 e 26 de abril de 2019
Contido:
- O uso ilegal de cebos envelenados en España
- Protocolo de actuación en casos de posible envelenamento de fauna
- Fases da investigación do delito de envelenamento de fauna
- Técnicas de investigación e planificación
- Casos prácticos reais
- Técnica forense no traballo de campo
- Velenos de uso frecuente. Mostras convencionais e non convencionais
- Estudo da fauna cadavérica aplicada ao traballo en campo
- Características do tipo penal e das sancións administrativas
- Preparación da participación en procesos penais. A proba nos casos de uso ilegal de veleno
Persoas destinatarias:
- Persoal Medio Ambiente - Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Ambiente
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia - Axentes Técnicos Ambientais da Consellería de Medio Rural
- Persoal Medio Ambiente - Axentes Técnicos da Consellería de Medio Ambiente
Destinatarios específicos:
- Axentes medioambientais (C Medio Ambiente)
Requisitos:
1) Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso
2) Ser axentes medioambientais (C Medio Ambiente)
3) Cando no proceso de selección non se completase o 100% das prazas co colectivo do punto 2, admitiranse axentes medioambientais (C Medio Rural)
Inscrición:
Gratuíta
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
Durante o prazo de solicitudes teñen que remitir o encabezado da derradeira nómina para xustificar a que consellería pertencen:
por correo electrónico a formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal