Comunicacións en emerxencias

Código: 192143
Data de inscrición: 02/03/2019 - 11/03/2019
Número da edición: 2
Horas lectivas: 8
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 27/04/2019 - 27/04/2019
Lugar: Bergondo (Coruña, A)
Localización: Base de protección civil
Clase ou local: Base AVPC de Bergondo
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 27 de abril de 2019
Contido:
Módulo 1: Comunicacións de radio e telefónicas.
Módulo 2: Redes de comunicacións.
Módulo 3: Consideracións do despregue dos medios de comunicacións en emerxencias.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.
b) Ter superado o curso básico de protección civil.
c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita

convocatoria DOG núm 43 - 01/03/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.