Técnicas de intervención, auxilio e rescate en terreo nevado

Código: 192086
Data de inscrición: 21/02/2019 - 02/03/2019
Número da edición: 3
Horas lectivas: 16
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/03/2019 - 17/03/2019
Lugar: Manzaneda (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: Rúa da Cabarca, s/n - Manzaneda
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 16 e 17 de marzo de 2019
Obxectivos:
Aprender a previr os accidentes durante a práctica de actividades en terreo nevado e adquirir as habilidades necesarias para realizar labores de localización, asistencia sanitaria urxente, primeiros auxilios e rescate seguindo os protocolos internacionais en vigor.
Contido:
- Axentes agresores durante a práctica de actividades invernais (frío, altura,aludes).
- Accidente: que facer?. A regra PAS (protexer – avisar – socorrer).
- Sinalización do accidente nunha pista de esquí.
- Conservar a calma clave para a supervivencia.
- Porqué usar ARVA (dispositivo de búsca de vítimas de avalanchas), sonda e pa.
- Técnicas de busca de vítimas en terreo nevado (sonda).
- Técnicas de busca de vítimas en terreo nevado (ARVA e pa).
- Técnicas especiais de rescate en terreo nevado de difícil acceso.
- Primeiros auxilios e técnicas de asistencia sanitaria urxente.
- Material e técnicas específicas de inmobilización, mobilización e traslado de vítimas de accidentes en terreo nevado.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita

convocatoria DOG núm: 36 - 20/02/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.