Condución de vehículos todoterreo

Código: 192079
Data de inscrición: 21/02/2019 - 02/03/2019
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 27/03/2019 - 29/03/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 4
Horario: 9.00-14.00 e 15.00-18.00 / derradeiro día: 9.00-13.00
Días: 27, 28 e 29 de marzo de 2019
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público
Contido:
Módulo teórico (4 horas):
1) O vehículo. Características
2) Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
3) Diferenciais dianteiro e traseiro

Módulo práctico: 16 horas de condución en circuíto.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
c) Os/as solicitantes deberán ter o permiso de conducir B
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita

convocatoria DOG núm: 36 - 20/02/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.número 886 206 123.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención(de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.