Rescate en zonas urbanas asolagadas, inundacións e riadas ( nivel I)

Código: 192071
Data de inscrición: 21/02/2019 - 02/03/2019
Número da edición: 2
Horas lectivas: 16
Prazas: 12
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 21/05/2019 - 22/05/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Laboratorio Zona 2
Horario: 9.00-13.00 e 15.00-19.00
Días: 21 e 22 de maio de 2019
Contido:
Módulo teórico (4 horas):
1. Rescate en leitos de auga
2. Hidroloxía e dinámicas do río. Equipamento. Terminoloxía
3. Prevención e seguridade no operativo de rescate. Progresión en augas vivas. Técnicas de rescate

Módulo práctico (12 horas):
1. Distintas posicións: pasiva, defensiva e ataque. Ángulo cruce. Salvar obstáculos
2. Bolsa de Rescate. Técnicas de lanzamento. Contacto visual. Posicionamento
3. Tipo de rescate: estático, dinámico, rescate corpo a corpo
4. Manexo de cordas: nós, ancoraxes, sistemas de tensión, rescate con corda tensa
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
grautita

convocatoria DOG núm: 36 - 20/02/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención(de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.