Planificación de emerxencias municipais

Código: 192061
Data de inscrición: 21/02/2019 - 02/03/2019
Número da edición: 1
Horas lectivas: 21
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 08/04/2019 - 10/04/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Inf. Pequena / día 9 de tarde Aula 4
Horario: 9..00-14.00 e 15.30-18.30 / derradeiro día: 9.00-14.00
Días: 8, 9 e 10 de abril de 2019
Obxectivos:
Adquirir a formación teórico-práctica que facilite a realización de métodos de prevención e planificación necesarios, en función dos posibles riscos aos que estean expostos os concellos.
Contido:
Módulo 1 O plan de emerxencia municipal
Módulo 2 Analise de riscos do Concello
Módulo 3 Plans de autoprotección. Eventos
Módulo 4 Cartografía asociada á planificación municipal
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias - Outro persoal profesional
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
Gratuita

convocatoria DOG núm: 36 - 20/02/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención (de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.