Verteduras, contaminación ambiental

Código: 192028
Data de inscrición: 16/02/2019 - 25/02/2019
Número da edición: 1
Horas lectivas: 21
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 20/03/2019 - 22/03/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30 / derradeiro día: 9.00-14.00
Días: 20, 21 e 22 de marzo de 2019
Contido:
3 horas de teoría:
Módulo 1. Medio ambiente: As augas residuais. A contaminación; definición, leitos, parámetros. A lei de augas; caracterización das augas residuais. Características.
Módulo 2. Recollida de residuos: Loxística, xestión e intervención ambiental. Funcionamento e procedementos dunha planta de tratamento de residuos tóxicos e perigosos.
18 horas de práctica:
Módulo 1. Medio ambiente: O material e a súa mobilización. Tipos de barreira. Absorventes, GRG, EPI.
Módulo 2. Recollida de residuos: Recollida e transvasamento de augas residuais en diferentes contornos.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 33 - 15/02/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.