Localización, navegación e rescate en vehículos 4x4

Código: 192018
Data de inscrición: 16/02/2019 - 25/02/2019
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 08/05/2019 - 09/05/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: 1º día: aula 4 / 2º día: Circuito
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 8 e 9 de maio de 2019
Contido:
1.Rescate en vehículos 4x4
1.1.Diagnóstico situación e prevención de riscos
a) Perda adherencia
b) Empanzamento
c) Inclinación lateral
d) Pendentes irregulares
e) Inundación do vehículo
1.2.Técnicas de recuperación de adherencia, preparación do terreo
1.3. Empazamento, uso do Hi- lift, alfombras, ferros
1.4.Técnicas e prevención de riscos no uso de eslingas, winche
1.5.Técnicas de rapelar o vehículo e remolcado

2.Localización e navegación
2.1.Sistemas GPS. Distintos tipos de coordenados UTM/sesaxesimais
2.2.Lonxitude/latitude
2.3.Elementos e interpretación da cartografía
2.4.Determinación da posición propia en distintos sistemas

3.Práctica
3.1.Navegación terrestre en base a cartografía
3.2.Navegación e rastrexo de way point
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
- Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 33 - 15/02/2019
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.