Proba para a obtención da acreditación de control de acceso

Código: 191533
Número da edición: 1
Horas lectivas: 4
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 12/12/2019 - 12/12/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Salon de Actos
Horario: de 10.00 a 13:30 h
Días: 12 de decembro de 2019
Obxectivos:
-Dotar ao persoal de control de accesos a espectáculos públicos e actividades recreativas da obtención da habilitación prevista no Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24, do 5 de febreiro), coa finalidade de que as persoas participantes obteñan a habilitación correspondente prevista no artigo 6 do dito decreto para o posterior desempeño da súa actividade profesional.
Contido:
1. Constitución española: Dereitos e deberes fundamentais da persoa.
2. Normativa básica do dereito de admisión.
3. Normativa básica sobre follas de reclamacións.
4. Nocións básicas sobre a posesión de armas nos locais de pública concorrencia.
5. Normativa sobre horarios de establecementos públicos.
6. Normativa sobre menores de idade e limitacións á oferta de bebidas alcohólicas e tabaco.
7. Nocións básicas sobre medidas de seguridade nos establecementos de pública concorrencia: plans de seguridade, seguridade contra incendios, saídas de emerxencia e evacuación.
8. Conceptos básicos de primeiros auxilios para atender situacións de asistencia sanitaria inmediata.
9. Criterios de actuación en situación de perigo para as persoas. A interactuación persoal para previr situacións de riscos específicos e os diferentes tipos de comportamentos das persoas noutras situacións previsibles.
Persoas destinatarias:
- Outros Destinatarios - Controlador de acceso
- Outros Destinatarios - Outros
- Outros Destinatarios - Seguridade Privada
Destinatarios específicos:
Persoal de control de acceso a espectálos públicos e actividades recreatilvas.
Requisitos:
- Superar a proba de coñecementos e a proba psicóloxica referidas no artigo 7º das bases xerais.