condución policial

Código: 191271
Número da edición: 3
Horas lectivas: 12
Prazas: 12
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/10/2019 - 04/10/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Día 1 de outubro: AGASP. Día 4 de outubro: circuito de condución de Forcarei
Horario: 1 e 4 de outubro. O día 1 de outubro en horario de 10.00 a 14.00 h. e o día 4 de outubro en horario de 9.30 a 13.30 e de 15.00 a 19.00 h.
Días: 1 e 4 de outubro. O día 1 de outubro en horario de 10.00 a 14.00 h. e o día 4 de outubro en horario de 9.30 a 13.30 e de 15.00 a 19.00 h.
Obxectivos:
Adquirir capacidades que desde un enfoque da prevención de riscos laborais, permitan ao policía condutor de vehículos patrulla, reaccionar ante situacións imprevistas e/ou de emerxencia, podendo facer un uso adecuado das técnicas de condución así como dos distintos sistemas de seguridade que incorporan os vehículos na actualidade
Contido:
Bloque teórico:
- Factores de risco na condución
- Seguridade activa/pasiva
- Posición de condución, manexo do volante
- Trazados e traxectorias
- Uso do freno e do acelerador
- Dinámica de pesos

Bloque práctico:
- Series de condución sobre o campo de visión e aproveitamento da calzada
- Slalom
- Freada de emerxencia con esquiva de obstáculos
- Freada asimétrica en diferentes tipos de superficies
- Curvas deslizantes, corrección de sub e sobreviraxes
- Manobras defensivas e de seguridade
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil