Análise forense. Nivel I

Código: 191262
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 30
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 25/11/2019 - 26/11/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula informática
Horario: de 8:30 a 13:30 e de 15:30 a 18:30 h
Días: 25 e 26 de novembro de 2019
Obxectivos:
O asistente dispoñerá de coñecementos e capacidades para poder levar a efecto unha análise forense dixital. Para iso faráselle coñecedor das arquitecturas internas dos sistemas operativos e versións, así como a súa operativa. Finalizado o módulo igualmente será coñecedor das posibilidades e diversas metodoloxías para a localización de evidencias e a súa posterior análise.
No desenvolvemento do módulo capacitarase ao asistente para ser resolutivo na planificación, desenvolvemento e a execución de análise forense desde unha perspectiva de análise en vivo, así como de análise de tipo offline: Metodoloxía forense, procesos e ficheiros, extracción de memoria RAM ou como facer un triage serán os principais temas a desenvolver.
Contido:
Metodoloxía de análise forense, adquisición e clonado de evidencias, triage básico, captura de memoria, ferramenta de procuras cega selectiva, Artifacts (papeleira, USB, Shellbags, tarefas programadas, Correo…), Malware (características, ocultación, servizos e procesos de Windows) ….
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil