Medidas de autoprotección (Nivel I)-191166

Código: 191166
Data de inscrición: 30/07/2019 - 09/09/2019
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 18/09/2019 - 18/09/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 3
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h
Días: 18 de setembro
Obxectivos:
Coa posta en práctica deste curso formativo, trátase de dar unha resposta máis concreta ás intervencións policiais máis rutineiras como poden ser as interpelacións, control e detención de delincuentes, redución de individuos
potencialmente perigosos… co necesario engadido de ser capaces de achegar unha primeira asistencia sanitaria táctica #ante agresións con arma branca ou arma de fogo.
Consecuentemente a práctica formativa debe:
. Dotar de coñecementos en formulacións tácticas e distribución de funcións nas distintas situacións.
. Familiarización, uso e dominio do material policial de dotación.
. Control da tensión e resolución de distintos escenarios.
. Concienciar a importancia do traballo en equipo guiados por un mesmo protocolo.
. Uso e manexo de material sanitario de combate. Dominio do concepto de " Autoasistencia".
Trátase dun curso “evolutivo”, polo que os coñecementos e habilidades adquiridas ao comezo do curso aplicaranse ao longo do mesmo ata o seu final, coa peculiaridade que estas se desenvolverán baixo un nivel de tensión e de fatiga ascendente
Contido:
1.- TIPOS DE ENGRILLETAMENTOS, CACHEOS e TRASLADOS.
- PAREDE
- PÉ
- TOMBADO ou PERIGO
- TRASLADOS
2.- PRÁCTICAS E RESOLUCIÓN DE ESCENARIOS.
- Uso do bastón policial.
- Engrilletamentos e traslados baixo tensións.
- Tratamento táctico #ante agresións de arma branca e de lume.
- Resolución de situación en equipo e en fatiga.
3.- INICIACIÓN EN TÉCNICAS SANITARIAS EN AMBIENTE HOSTIL. Familiarización de material sanitario. Uso de torniquete. Dominio do concepto de Autoasistencia. Evacuacións.
4.- PRÁCTICAS DE GOLPEO en estado de fatiga e tensión con traxe de adestramento REDMAN e bastóns de golpeo. .
5.- RESOLUCIÓN BAIXO TENSIÓN DE SUPOSTOS PRÁCTICOS que requiran todo coñecemento adquirido ao longo deste curso.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local