Xestión de documentos dixitais na Administración. Rexistro electrónico. Dixitalización, identificación e autentificación

Código: 191077
Data de inscrición: 05/03/2019 - 20/03/2019
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/04/2019 - 05/04/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 3
Horario: de 16.00 a 20.00 h
Días: 1, 2, 3, 4, 5 de abril de 2019
Contido:
O rexistro electrónico permite realizar a presentación electrónica de escritos, solicitudes e comunicacións respecto a distintos trámites e procedementos. Para elo é fundamental coñecer tamén as implicacións do emprego dos documentos dixitais nas AAPP.
Este curso pretende afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, no concepto de documento electrónico e dos servizos prestados en torno a el polas AAPP, con especial fincapé no rexistro electrónico. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas os conceptoa s tratar, para que os destinatarios adquiran e perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos complementando a súa formación na materia.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local