Medidas de investigación no Proceso Penal

Código: 191074
Data de inscrición: 15/02/2019 - 11/03/2019
Número da edición: 1
Horas lectivas: 32
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 02/04/2019 - 05/04/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 1
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h
Días: 2, 3, 4 e 5 de abril
Contido:
1. A instrución. Clases: a. A instrución xudicial; b. A instrución preliminar da Policía Xudicial; c. A instrución preliminar do Ministerio Fiscal
2. A instrución como procedemento
3. Determinación do investigado: a. O recoñecemento en roda; b. Outros métodos de identificación
4. As declaracións do investigado na instrución: a. As garantías nas declaracións do investigado; b. A citación para ser oído; c. A declaración indagatoria; d. O recoñecemento dos feitos na instrución.
5. Actos de investigación: a. A identificación e conservación do corpo do delito; b. A autopsia; c. Probas alcoholimétricas; d. Inspeccións corporais; e. A videovigilancia; f. Inspección ocular; g. Declaracións testificales; h. Os confidentes policiais; i. A pericia na instrución.
6. Actos de investigación reservados á instrución xudicial: a. Intervencións corporais; b. Os axentes encubertos; c. o axente provocador; d. O axente encuberto informático; e. Circulación e entrega vixiada de drogas
7. Actos de investigación que afectan á intimidade, á inviolabilidade do domicilio e ao segredo das comunicacións: a. Entrada e rexistro en lugar pechado e rexistro de libros e papeis; b. Detención e apertura da correspondencia; c. Intervención de comunicacións telefónicas e telemáticas; d. Gravación de comunicacións orais directas
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local