Práctico de actuación policial ante os tribunais

Código: 191012
Data de inscrición: 15/02/2019 - 25/02/2019
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 07/03/2019 - 21/03/2019
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 5
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h
Días: 7, 14 e 21 de marzo
Obxectivos:
Curso práctico sobre actuación policial ante os tribunais
Contido:
- O delito de VIGE e VIDO
- O policía como proba periférica nos supostos nos que a vítima VIGE non desexa declarar (a proba por indicios)
- Delitos contra o Patrimonio
- Delitos contra a Seguridade Viaria
- As Dilixencias Urxentes como ferramentas eficaces
- Redacción de atestados nos distintos delitos; elementos imprescindibles para a tipificación dos feitos
- Interrogatorio polo Fiscal
- Interrogatorio por avogado
- O que espera o Xuíz da testemuña
- Alianzas interpoliciais, mecanismos formais e informais de coordinación entre policías, especialmente cando o feito é iniciado por policía non competente territorial ou materialmente, e debe ser continuado por policía competente (eixo, CNP e alcoholemia, ou detención por Policía Local e entrega de detido a Garda Civil)
- Os dereitos do detido, análise de cada un dos seus dereitos e a súa relación cos dereitos fundamentais. (formulación de cuestións previas pola vulneración de Dereitos Fundamentais durante a detención e nulidade do procedemento)
- A entrada e rexistro, problemas operativos. Problemas directivos. A froita da árbore prohibida
- As fases do procedemento, de feito punible á sentenza definitiva (Feito punible, investigación policial, sumario xudicial, fases do procedemento, o xuízo, a sentenza, o recurso), importancia da redacción do atestado e informes policiais e das declaracións e actuacións en xuízo en cada unha das fases do procedemento
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local