Condución de vehículos todoterreo

Código: 182297
Data de inscrición: 01/08/2018 - 25/11/2018
Número da edición: 5
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/12/2018 - 05/12/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: laboratorio zona 2
Horario: 9.00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 / último día 10:00 a 14:00
Días: 3, 4 e 5 decembro de 2018
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público
Contido:
TEORÍA: 6,5 horas
- Teoría da conducción
- Rescate e salvamento

PRÁCTICA: 13,5 horas
- Equipación e preparación do vehículo
- Inclinacións laterais
- Condución en terreos pedregosos e en barro
- Ascenso e descenso de pendientes
- Emprego de útiles e ferraxes de axuda e salvamento
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
Os/as solicitantes deberán ter o permiso de conducir B1.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 145 - 31/07/2018

Resolución ampliación edic.
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.número 886 206 123.