Redacción de plans de autoprotección para espetáculos públicos

Código: 182280
Data de inscrición: 19/09/2018 - 01/10/2018
Número da edición: 1
Horas lectivas: 21
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/12/2018 - 05/12/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Informática grande
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30 / último día: 9.00-14.00
Días: 3, 4 e 5 de decembro de 2018
Contido:
1. Plan de autoprotección de acordo coa normativa autonómica galega
2. Requisitos que debe de contemplar un plan de autoprotección
3. Elaboración dun plan de autoprotección
4. Casos prácticos reais de plans de autoprotección para un espectáculo público
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios)
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

DOG 178 - 18.09.2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.