Intervención dos corpos de emerxencia na loita contra a invasión da vespa velutina

Código: 182265
Data de inscrición: 19/09/2018 - 01/10/2018
Número da edición: 2
Horas lectivas: 8
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 25/10/2018 - 25/10/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 10
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 25 de outubro de 2018
Contido:
1- Fisionomía, hábitat e costumes da vespa velutina
2- Protocolos de actuación e epis persoais
3- Aplicación de Lei de Prevención de Riscos Laborais
4- Primeiros auxilios
5- Prácticas:
a) Colocación de epis
b) Colocación de elementos para traballos en altura
c) Retirada de distintos niños de vespa velutina
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais para voluntarios:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

DOG 178 - 18.09.2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.