Accidentes na estrada

Código: 182238
Data de inscrición: 01/08/2018 - 04/11/2018
Número da edición: 7
Horas lectivas: 34
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 09/11/2018 - 18/11/2018
Lugar: Carballo (Coruña, A)
Localización: Base de Protección Civil
Clase ou local: Base AVPC de Carballo
Horario: Venres: 16.00-20.00 / sábado: 9.00-13.30 e 15.30-19.00 / domingo: 9.00-14.00
Días: 9, 10, 11, 16, 17 e 18 de novembro de 2018
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria na prevención e na intervención en accidentes de tráfico.
Contido:
Módulo 1: Introdución, conceptos xerais.
Módulo 2: Primeiros auxilios.
Módulo 3. Excarceración, mercadorías perigosas e accidentes con risco ambiental.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 145 - 31/07/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.