Básico de protección civil

Código: 182227
Data de inscrición: 31/07/2018 - 31/08/2018
Número da edición: 15
Horas lectivas: 32
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/10/2018 - 14/10/2018
Lugar: Pobra de Trives, A (Ourense)
Localización: AGASP
Clase ou local: Auditorio Julio Vázquez, Ctra Encomenda nº 1, 32780 - Pobra de Trives
Horario: sábados e domingos 9.00-14.00 e 15.00-20.00
Días: 6, 7, 13 e 14 de outubro de 2018
Obxectivos:
Adquirir a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil.
Contido:
- Módulo I: A Protección Civil.
- Módulo II: Os riscos, accidentes e autoprotección.
- Módulo III: Loita contra os incendios.
- Módulo IV: Comunicacións.
- Módulo V: Actuacións básicas ante emerxencias médicas.
- Módulo VI: Igualdade de oportunidades.
O contido do curso divídese en dúas partes:
Teoría: 22 horas
Práctica: 10 horas
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal de ingreso nas agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 144 - 30/07/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.