Básico de protección civil

Código: 182224
Data de inscrición: 31/07/2018 - 31/08/2018
Número da edición: 12
Horas lectivas: 32
Prazas: 30
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 19/10/2018 - 28/10/2018
Lugar: Coruña, A (Coruña, A)
Localización: Edificio Admtvo. Monelos.
Clase ou local: Edif. Monelos , Aula 2, rúa Vicente Ferrer, 2 - 15071 (A Coruña)
Horario: venres 16.00-20.00 sábados 10.00-14.00 e 15.30-19.30 / domingos: 9.30-14.00
Días: 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de outubro de 2018
Obxectivos:
Adquirir a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil.
Contido:
- Módulo I: A Protección Civil.
- Módulo II: Os riscos, accidentes e autoprotección.
- Módulo III: Loita contra os incendios.
- Módulo IV: Comunicacións.
- Módulo V: Actuacións básicas ante emerxencias médicas.
- Módulo VI: Igualdade de oportunidades.
O contido do curso divídese en dúas partes:
Teoría: 22 horas
Práctica: 10 horas
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal de ingreso nas agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 144 - 30/07/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.