Coordinación operativa en plans de emerxencia

Código: 182217
Data de inscrición: 31/07/2018 - 31/08/2018
Número da edición: 3
Horas lectivas: 8
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 21/09/2018 - 21/09/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 2
Horario: 9.00-14.00 e 15.30-18.30
Días: 21 de setembro de 2018
Contido:
1 Normativa relacionada cos plans de emerxencia. Principio do mando único e coordinación operativa
2 Plans de emerxencia da comunidade autónoma. Tipoloxías e interrelacións
3 Platerga niveles de activación e responsables do plan segundo niveis activados
4 Competencias e coordinación dos diferentes servizos que interveñen en emerxencias
5 Coordinación operativa dos diferentes servizos que interveñen en emerxencias
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
A) Xefes ou responsables dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
B) Xefes ou responsables dos Grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
C) Xefes ou responsables dos Servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 144 - 30/07/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.