Topografía aplicada as emerxencias

Código: 182178
Data de inscrición: 01/08/2018 - 31/08/2018
Número da edición: 3
Horas lectivas: 16
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/10/2018 - 07/10/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de informática 2 (pequena)
Horario: 9:00 a 14:00 e 15:00 a 18:00
Días: 6 e 7 de outubro de 2018
Obxectivos:
Dotar o alumno de sólidos coñecementos de cartografía, orientación e manexo do GPS que lle permitan desempeñar as súas funcións con autonomía, seguridade e precisión.
Contido:
1. TOPOGRAFÍA E XEODESIA
. Elementos xeográficos: Eixe. Polos. Meridianos. Paralelos. Ecuador
. Coordenadas xeográficas. Lonxitude e latitude. Sistemas de coordenadas
. Escalas numéricas e gráficas
. Mapas, cartas, planos e fotografías aéreas
. O terreo e a súa representación
. Curvas de nivel
. Accidentes do terreo e a súa representación gráfica
. Interpretación e lectura de mapas
. Simboloxía
. Representación de usos do chan: vexetación e cultivos, urbanos, entre outros
. Representación de infraestruturas: vías de comunicación, redes de saneamento, entre outros
. Hidrografía
. Divisións administrativas
. Sistema de planos acoutados e a súa aplicación en Topografía
. Cálculo de distancias entre puntos
2. COMPÁS E GPS.
. Descrición e aplicacións do compás
. Determinación da dirección no terreo en función do rumbo
. Determinación do rumbo dunha dirección marcada no mapa
. Dado un rumbo, determinación da dirección que representa no mapa
. Orientación do plano co compás
. Sistema de posicionamento global (GPS). - Descrición do GPS.
. Aplicacións do GPS: posicionamento
. Almacenamento de puntos. Navegación
3. COMUNICACIÓN: NORMAS E PROCEDEMENTOS DE TRABALLO
. Equipos de comunicación en emerxencias. Descrición, manexo e mantemento
. Establecemento de comunicacións
. Protocolo de comunicacións
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 145 - 31/07/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención (de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito