Intervencións en presenza de riscos eléctricos

Código: 182171
Data de inscrición: 01/08/2018 - 31/08/2018
Número da edición: 2
Horas lectivas: 12
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 30/10/2018 - 31/10/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 4
Horario: 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30 / último día 9:30 a 13:30
Días: 30 e 31 de outubro de 2018
Contido:
Módulo 1:
-Electricidade básica, tipos de circuíto, elementos de corte.
-Instalacións en edificacións.
-Liñas de distribución, acometida, contadores, ascensores, instalacións comúns e garaxes.
-Instalacións eléctricas contra incendios.
Módulo 2:
-Transformadores eléctricos. Tipos, liñas de subministración, localización e elementos de corte.
- Liñas de baixa, media e alta tensión, clasificación.
-Rede eléctrica nacional.
-Recoñecemento do centro de transformación da AGASP.
Módulo 3:
-Perigo para as persoas ante unha intervención con risco eléctrico.
-Medidas de autoprotección e equipamento.
-Útiles de seguridade. -Utilización de medios de extinción. -Material de rescate a electrocutados.
Módulo 4:
-Queimaduras eléctricas.
-Lesións, consecuencias e primeiros auxilios.
Módulo 5:
-Instalacións de iluminación pública, ornamental, semáforos, cadros de manobra, elementos de corte.
-Catenarias de trens e tranvías, voltaxes.
-Vehículos eléctricos, baterías e elementos de corte.
Módulo prácticas
1) Recoñecemento de instalacións eléctricas de distintos tipos, transformación, liñas de media e alta tensión.
2) Colocación dos EPIS e manipulación dos elementos de seguridade e rescate de vítimas en risco eléctrico.
3) Extinción de incendio en presenza de elementos eléctricos.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 145 - 31/07/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención(de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.