Responsabilidade e procedemento na regulación do tráfico

Código: 182160
Data de inscrición: 01/08/2018 - 31/08/2018
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 24/09/2018 - 25/09/2018
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 4
Horario: 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00
Días: 24 e 25 de setembro de 2018
Contido:
Módulo 1 (8 h)
Lexislación sobre regulación do tráfico
Lexislación sobre responsabilidade na regulación do tráfico
Regulación en caso de emerxencia ou accidente
Regulación con sinalización circunstancial
Regulación en festas e festexos

Módulo 2 (8 h)
Sinais básicos para regulación do tráfico. Uso do chifre
Prácticas de regulación do tráfico
Especial mención regulación ao tráfico en probas deportivas
Responsabilidades na mala praxe en referencia á regulación do tráfico
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
Inscrición:
gratuita

convocatoria DOG núm 145 - 31/07/2018
Publicacións admitidas:
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal cunha antelación de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
Solicitudes:
A Agasp proporcionará a manutención(de luns a venres) ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.
A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.